Busca!

martes, 28 de abril de 2015

PROGRAMACIÓN DA NOSA CAMPAÑA

Para a nosa campaña de concienciación e prevención do bullying imos crear unha serie de proxectos para axudarnos na nosa campaña.

1. Anuncio para os Bos Días

2.  Carteis para as carteleiras de 1º.

3. Xogo (presentación Prezi) anti-bullying para realizar na nosa presentación en 1º da E.S.O.

1. CREACIÓN DO ANUNCIO

Crearemos no programa on-line Powtoon un anuncio de concienciación no que narraremos unha historia real que atopamos na rede. (http://es.wikipedia.org/wiki/Jokin_Ceberio )

Narraremos a historia de Jokin Ceberio un adolescente español que tras sufrir dous anos de acoso escolar suicidouse 4 días antes de cumprir os 14. O de este rapaz foi o primeiro caso de acoso escolar coñecido como tal no noso país.

O obxectivo da presentación é que sexa proxectado nos Bos Días, aínda que a nosa campaña vai destinada maiormente a 1ºESO cremos que estaría ven dar a coñecer parte dela a toda a secundaria e bacharelato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario