-Nós pensábamos que o libro trataba sobre un lugar triste no que vivían animais. Neste lugar habitaban uns lobos que aterraban ao resto dos animais, impedindolles levar unha vida normal.
.Opinamos que
podería darse na vida real se os soldados en vez de ser lobos fosen persoas
normais, coma por exemplo levarse a todas as persoas que non acepten o seu novo
país despois de unha conquista nunha guerra
Unha distopía ou antiutopía,
ou tamén cacotopía é o pensamento, a filosofía ou o
proceso discursivo baseado nunha ficción cuxo valor
representa a antítese da utópica ou promove a vivencia nunha "utopía negativa".
Están xeralmente caracterizadas polo totalitarismo, autoritarismo,
cun control opresivo da sociedade.
-Porque os lobos
intentan que todo o pobo sexa igual e exclúen aos diferentes.
-Porque ademais de
levarse aos diferentes do pobo os obrigaban a traballar inutilmente facendo
grandes buratos na terra e tapándoos outra vez
-Intenta demostrar
que todos somos diferentes situando o seu libro nunha distopía e comparando o
libro coa sociedade actual na que as veces excluímos a alguén simplemente por
ter un comportamento diferente ou facer algo dunha maneira distinta aos demais.
-Porque neste libro
a escritora decide representar estas tres calidades de vida a través dos
sucesos que experimentan as personaxes, así ensinándonos o que temos que valorar nas persoas e danos a
entender que todos temos aspectos positivos na nosa individualidade e que podemos
reforzalos coas amizades , e con estes dous valores os/as participantes loitan cotra a opresión
que os lobos tentan impoñer.



No hay comentarios:
Publicar un comentario